xoves. 14.11.2024
El tiempo

Carballo preparase para un san Xoán máis participativo

Carballo preparase para un san Xoán máis participativo
A maior parte das atraccions do san Xoan de Carballo xa estan instaladas dende a pasada fin de semana A maior parte das atraccións do san Xoán de Carballo xa están instaladas dende a pasada fin de semana A participación nos concursos do San Xoán de Carballo vai a máis. O vindeiro xoves, día 23, un total de 16 cachelas (dúas máis que o ano pasado) participarán no concurso de Cachelas. E dous días despois 18 tripulacións pelexarán por ser as primeiras, as máis orixinais ou as máis simpáticas do Descenso do Anllóns. O prazo de inscrición pechou onte ás 19 horas. O Descenso do Anllóns, que cumpre 19 anos, ten como finalidade darlle protagonismo ao río Anllóns e fomentar a participación lúdica nas festas. Todas as embarcacións que finalicen o percorrido dende A Ponte de Bértoa ata o parque do Anllóns no tempo establecido teñen garantida unha subvención de 30 euros. Ademais repariranse 1100 euros en premios. Polo que respecta ao concurso de Cachelas, que acada a súa 29ª edición, todas as inscritas que non resulten premiadas poderán recibir unha axuda de entre 20 e 50 €, segundo determine o xurado en función da súa calidade. Entre as cachelas gañadoras repartiranse 1150 euros. Novas relacionadas Fonte

Comentarios