Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O bosque do Añón prepara a súa festa

O bosque do Añón prepara a súa festa
A baixada dos barcos de papel e unha das actividades mais especiais da festa do bosque imaxe de arquivo A baixada dos barcos de papel é unha das actividades máis especiais da festa do Bosque. Imaxe de arquivo O vindeiro domingo, 3 de xullo, Carballo vivirá unha das citas máis emblemáticas das celebracións do San Xoán: a festa do Bosque. Como sempre, centos de familias e pandilla de amigos reuniranse para comer, cantar, esocitar música e convivir no bosque do Añón. Este ano a celebración retrasouse debido ás eleccións xerais do pasado domingo, 26 de xuño. Precisamente o equipo organizador da Festa do Bosque vén de reunirse para perfilar os últimos detalles da celebración do domingo. Deste xeito, o acceso de vehículos para carga e descarga só estará permitido de 9 a 12:30 horas. A organización delimitará o sábado o espazo necesario para o desenvolvemento de actividades como a Baixada de Barcos de Papel, polo que non se respectarán as cintas que puidesen estar colocadas. Membros da comision de festas do San Xoan mantiveron unha reunion para ultimar os detalles da festa do Bosque Membros da comisión de festas do San Xoán mantiveron unha reunión para ultimar os detalles da festa do Bosque De igual xeito, o domingo só se manterán as cintas de reserva de espazo ata as 11 horas, como xa se viña facendo nos últimos años. A Asociación Cultural San Xoán lembra que no Bosque hai espazo para todas e todos, e convidan a carballeses, carballesas e visitantes a acudir á romaría campestre coa que tradicionalmente se pechan as festas patronais. Un dispositivo integrado por 12 persoas encargarase da organización das áreas de aparcamento e da regulación dos accesos. Programa, domingo 3 de xullo 13 horas: Sesión vermú con EVA e CAMILO 16:30 horas:  Concurso de sobremesas e licores caseiros (Patrocina: Confitaría San Luís) 17:30 horas: Xogos populares 18:30 horas: 112ª Edición do Campionato Mundial de baixada de augas doces de barcos de papel. Inscricións a partir das 17.30 h. (Patrocina: Tien21-Electrodomésticos Lorama) 19 horas: Animación musica a cargo de DJ DAVID 21 horas:  Concerto de A BANDA da BALBINA Novas relacionadas Fonte

Comentarios