Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Un Mercado Mariñeiro con erros ortográficos e comida foránea

Un Mercado Mariñeiro con erros ortográficos e comida foránea
Un dos postos do Mercado Marineiro de Fisterra

Mal comezo dos Mercados Mariñeiros que promoven os GACs ao longo do país. Facíano esta fin de semana en Fisterra, enlamados nunha longa semana por un grave erro ortográfico. I é que a campaña (con páxina web, de Facebook, carteis pegados por todo o país) tiña un lema erróneo, traducido literalmente do castelán sen decatarse que en galego, comer non é pronominal.

Así o erróneo "Cómete o mar" co que comezaba o mercado remataba nun correcto "Come o mar", xa coa web corrixida (aínda non a páxina de FB) pero co erro ás costas.

Pode ser este un erro de vulto, e máis se a proposta que prometen non é a máis axeitada. En teoría estes mercados serven para dinamizar o sector turístico de zonas costeiras e promocionar os produtos locais, neste caso os procedentes do mar.

Ata aquí todo correcto, de non ser porque dos 18 postos que ocuparon a zona da Ribeira, boa parte eran os típicos do Mercado Medieval de Corcubión, tanto a nivel gastronómico como artesanal. Que se pizzería, que se "jamón asado", que se kebab, que se alpargatas árabes... U-los produtos do mar da Costa da Morte? E os artesáns da zona?

Estes días a campaña cambiou o nome errático de "Cómete o Mar" polo correcto "Come o Mar"

Vindeiro mercado en Camariñas

A seguinte actividade do proxecto, será os 14, 15 e 16 de xuño no Mercado e no paseo marítimo de Camariñas. E se cadra xa quedan os postos ata Mercado Medieval de Camariñas que terá lugar en xullo...

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios