41 cativos puideron comezar o curso na Escola Infantil de Fisterra


41 cativos de Fisterra xa poden acceder ao tan necesario servizo de Gardería para a conciliación da vida laboral e familiar. A Escola Infantil da vila do Cristo, pertencente á Rede Galiña Azus da Xunta, vén de comezar o curso con 41 meniños de entre 0 e 3 anos.
Unha apertura que chega xusto a tempo para empezar o curso malia abrirse con 5 meses de retraso sobre as estimacións iniciais.
Ao acto de apertura acodiron os representantes da Xunta e do Concello, como son a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde fisterrán. Unha visita, que malia ser habitual, foi criticada dende o BNG ao considerala de "oportunista", ao considerar que foi o grupo da oposición o que "máis traballou para conseguila".
A escola fisterrá, que conta con 3 unidades, é un dos 142 centros da rede, ofrecendo educación e formación a preto de 7.200 nenos e nenas de 0 a 3 anos de todo o país. Entre eles uns 328 son da comarca de Bergantiños. Veremos como continúa o proceso na vila veciña de Cee, cando as últimas informacións sinalan á apertura da segunda escola en breve.
Novas relacionadas
- 19-01-12: A Gardería de Fisterra abrirá antes de fin de ano con 8 meses de retraso.
- 29-08-11: Comezan as obras da Gardería de Fisterra.
- 28-04-11: Licitadas as obras da escola infantil de Fisterra.
- A comarca de Bergantiños conta xa con 328 prazas de escola infantil.
- A gardería, un servizo pritoritario ou non.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).