luns. 11.11.2024
El tiempo

5 concellos da Costa abren a boca en galego

5 concellos da Costa abren a boca en galego
Varios concellos da Costa da Morte (Zas, Laxe, Ponteceso, Muros e Fisterra) participarán no Programa Bocaberta, programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos. As propostas para os próximos días son do máis variado e van da música pop ao cómic, a maxia e a radio. A banda deseñada terá  esta semana moita relevancia en Bocaberta. Ti creas a historia, o obradoiro no que o debuxante Anxo Fariña –autor da saga Os Megatoxos– mostra o proceso de creación dun cómic, ten seis paradas programadas. Este mércores estarán en Zas e o xoves pasarán por Ponteceso e Laxe. No tocante á  música, a fin de semana estará chea de actividade. O pop en galego soará con forza a través de Detrás da canción en Fisterra (o domingo). Esta actividade, dirixida a mozos e mozas dos 12 aos 18 anos, conta, por unha banda, cun obradoiro para aprender a facer música por ordenador na casa, impartido por Carlos Valcárcel, do grupo Projecto Mourente; e, por outra, cun concerto acústico do grupo The Homens. Para os máis pequenos da casa haberá tamén alternativas moi interesantes. Os nenos e nenas de Pontevedra teñen unha cita o sábado con Canta música!, o obradoiro de sons tradicionais que levan a cabo Olga Kirk e Pablo Díaz. Os de Muros poderán participar, ese mesmo día, no concerto-espectáculo En clave de conto, unha iniciativa que pon en marchar OQO editora e que conta con músicos, cantantes e actores de recoñecido prestixio para achegar os máis pequenos á lingua galega.

Programa na Costa

Bocaberta en vídeo

Novas relacionadas

Máis información

Comentarios