venres. 15.05.2026
El tiempo

Visita europea á Plataforma Stop Biogás A Laracha

Nicolás González Casares Inés Ramos A Laracha 150526 01
Nicolás González Casares Inés Ramos A Laracha 150526 01
Visita europea á Plataforma Stop Biogás A Laracha

O europarlamentario socialista Nicolás González Casares esíxelle á Xunta “un proceso claro de participación pública e diálogo” cos veciños e veciñas afectados polo proxecto de planta de biogás de Soandres -A Laracha-. O responsable socialista, xunto coa portavoz socialista Inés Ramos, mantivo onte un encontro coa Plataforma Stop Biogás A Laracha de afectados por un proxecto que “está a provocar grandísima preocupación”.

González Casares apuntou que os proxectos de renovables “deben contar cun proceso claro de participación pública e de diálogo para conseguir a aceptación social”, que non é o caso da Laracha, onde o goberno galego planifica facer a instalación moi preto das vivendas e da cabeceira do río Anllóns. O representante socialista salientou a unidade veciñal en contra do proxecto, que se situará “a escasos metros das casas”.

Emprazou aos veciños e veciñas a “concentrarse no proceso de alegacións contra o proxecto” aberto polo goberno galego, e abriu a porta a “levalo a continuación ás institucións europeas se é preciso”. González Casares salientou a necesidade de “avanzar na descarbonización da nosa economía e no aproveitamento de tódolos recursos renovables”, como é o caso do biogás, pero puntualizou a necesidade de que estas iniciativas conten co respaldo cidadá.

Comentarios