Martes. 05.11.2024
El tiempo

660.000 euros para diversas melloras no peirao de fisterra

20211015 visita presidenta Portos a Fisterra
660.000 euros para diversas melloras no peirao de fisterra

Coñecemos ben as demandas que precisa tanto o porto, como a Praza da Ribeira, cuios establecimentos hostalerios tamén dependen de Portos de Galicia.

O ente autonómico estivo esta mañá na vila do Cristo, anunciando un investimento de 660.000 euros para distintos investimentos de mellora no peirao, enfocadas á mellora das condicións de traballo do sector profesional fisterrán.

Realizarase a renovación integral do pavimento dos pantaláns, fingers e accesos a estas instalacións, unha actuación que conta cun orzamento de 280.000 euros. A previsión é que as melloras estean realizadas integramente a principios do próximo ano.

Ademais vanse iniciar as obras de reparación das dúas ramplas de descarga do porto. As obras consistirán no acondicionamento do pavimento de ambas superficies salvando os desniveis existentes e as deficiencias que presentan co obxectivo de facilitar o tránsito da maquinaria de traballo que opera na zona. As ramplas que se repararán son a adxacente ao edificio da lonxa e ao paseo Ribeira, que delimita o porto, así como a que se sitúa a continuación desta en paralelo ao dique de abrigo do porto.

O ente público traballa na redacción do proxecto de renovación integral da vía de acceso ao porto, unha actuación que conta cun orzamento de 335.000 euros e para a que a presidenta solicitou a colaboración do Concello de cara ao mantemento desta infraestrutura.

Quedan aínda moitas cousas por mellorar.

Novas relacionadas

Comentarios