65 alumnos e alumnas despiden o curso de informática de Fisterra
08:05 15/06/16
A clausura tivo lugar o pasado luns da man da concelleria de Cultura e do alcalde de Fisterra
Uns 65 nenos e nenas de ebtre 6 e 13 anos de Fisterra recibiron o pasado luns, 13 de xuño, os seus correspondentes diplomas dos cursos de informática que tiveron lugar nos últimos meses na aula de informática municipal e no CEIP Areouta de Sardiñeiro.
O acto de clausura tivo lugar no salón de actos do concello de Fisterra e a entrega de diplomas correu a cargo da concelleira de Cultura, Educación e TIC`s - Teresa Fernández Martínez - e do alcalde - José Marcote Suárez -.
Durante a súa formación, o alumnado tivo a oportunidade de aprender desde programas de ofimática, creación e edición de música e video, retoque dixital e ferramentas útiles de Internet. Os cursos foron impartidos pola formadora ocupacional do concello de Fisterra, Neli Cambeiro Otero.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Fisterra