Xoves. 07.11.2024
El tiempo

A copla sobrevive no Entroido de Fisterra

A copla sobrevive no Entroido de Fisterra
Entroido-Fisterra-2013-Manhattaneo-3

Apenas 3 comparsas e só unha da vila do Cristo; un tempo terrible que obriga a levar a festa ao pavillón; xa non son aqueles 6 meses de preparación das actuacións. Así e todo, o Entroido de Fisterra, que cumplía 25 anos, segue tendo algo moi especial: a copla, a rima áceda, que repartiu a políticos de todos bandos e tivo na crise un argumento evidente.

Entroido-Fisterra-2013-Ambientazo-no-Pavillon

Máis xente ca nunca, e pode que pasara do millar, encheu o pavillón, lonxe do frío e da chuvia da sempre emblemática e simbólica Praza da Constitución. E todo para ver un dos entroidos máis igualados que se recordan, no que as comparsas mantiveron o poder da rima nun mar de coreografías traballadas. De feito, houbo un empate técnico e foi necesaria unha segunda votación entre o xurado (formado por membros do Diario de Bergantiños, Radio Nordés, La Voz, O Compás e QPC) para determinar o gañador.

E finalmente, o premio marchou por primeira vez e anos, de Fisterra, para recaer en Buxantes Calidade, tralo desempate coa comparsa máis premiada da Costa da Morte, "A Granxa Deshauciada" de Lires, que viña de vencer en Muxía e empatar precisamente cos dumbrieses no seu feudo. Quedou o terceiro premio na casa, da man da comparsa "Manhattaneo y Viceversa", que se estrearon por todo o alto no Entroido máis espectacular da Costa da Morte.

Que pasa en Fisterra?

Entroido-Fisterra-2013-Celeste-e-Bruno-Reis-do-Entroido

Apenas 3 comparsas, e só unha de Fisterra e apuntada a última hora. É certo que un par delas intentaron apuntarse co tempo de inscrición cumplido, pero parece claro algo pasa en Fisterra nos últimos tempos, que a xente parece non animarse a participar. As condicións ou a falta de vontade parece das administracións parece unha das razóns.
Pero, con todo, botáronse de menos aos Robertos Traba, Santis Caneta, Bebetos, Manés... eses que levaban anos facendo do entroido fisterrán puro teatro.
A moitos lembráronos as presentadoras, ás que tamén botamos en falta rimando, pero moito haberá que facer para recuperar e volver a facer deste entroido unha referencia nacional.

O que tamén rimou ademais de levar, foi o alcalde, que vestido de tuno deixou tamén os seus versos.

Entroido-Fisterra-2013-Alcalde-de-tuno-rimando

De comparsas e coplas

Buxantes-Calidade-no-Entroido-de-Fisterra Buxantes-Calidade-no-Entroido-de-Fisterra-2

Comezou a actuación a comparsa de meirande despliegue de medios, que supuxeron clave para que sacaran máis puntuanción nun sistema de votacións que valora máis a posta en escena que a propia rima. Pero este ano viña traballado. "O Rei Traba León" trouxo un auténtico musical con máis de 30 xirafas, cebras, tigres... Buxantes Calidade xa son da casa, e as rimas o demostran. Alá subiron Traba e Pequeño, que xa parecen do mesmo partido, ata o Mirador do Ézaro e ó Monte Faro nunha parodia ciclista.
Tamén convertiron a Moncho en Alcalde de Sardiñeiro, pero iso si, deixando claro que "Fisterra é de Traba e nada máis" a golpe de musical.

Entroido-Fisterra-2013-Buxantes-Calidade-con-Pequeno-Traba-e-Santi Entroido-Fisterra-2013-Manhattaneo-1

Saltou á pista a banda de Fisterra, con barra e todo. Era a primeira vez que "Manhattaneo y Viceversa" actuaba en Fisterra pero esto da arte, da desvergonza debe ser innato, porque a liaron moito e moi ben. Chegaron disfrazados de "emmanems" para endulzar un ambiente amargo pola crise, e espidos acabaron cantando o "Nada cambiou" e o "Eu no paro estou", a eterna vez que soa neste entroido o Gangnam Style, pero desta volta versionado en fisterrán.
Non faltaron alusións ás afeccións nocturnas do alcalde (por moitos anos que pasan....) con dous duros "Traba lamecús" e "Todos che critican e ti polas tabernas". Pero niso consiste o entroido fisterrán: en poder dicirlle as cousas aos políticos con todas as letras, porque a oposición algunha tamén levou.

Entroido-Fisterra-2013-Manhattaneo-4 Entroido-Fisterra-2013-Manhattaneo-1 Entroido-Fisterra-2013-Manhattaneo-2

E faltaban por subir os da "Granxa Deshauciada" de Lires, que non deron puntada sen fío. Destacable a súa aposta pola temática galega, nun mar de cancións idénticas que tanto escoitamos en Fisterra coma en Australia. Andrés Dobarro, Os Herdeiros da Crus ou O Galo canta amenixaron a tarde dos "fisterráns e fisteconas", denunciando implícita, e explicitamente o roubo que supón que os bancos e concretamente NCG realiza neste estado. Aló van os porcos e as vacas sen granxa onde meterse.

Fantásticas as denuncias como as do "Burro Ministro", con recado a Montoro, a política de non meter os cartos no banco coma a da Alajandro, ou o sobre que lle entregou un parado Constante ao alcalde de Fisterra, pero co CV no canto de cartos. E que dicir da descrición do alcalde: "deputa...do?? - non, Imputa...do!!"

Entroido-Fisterra-2013-A-Granxa-Deshaciuada- Entroido-Fisterra-2013-A-Granxa-Deshauciadamando-o-CV-a-Traba Entroido-Fisterra-2013-A-Granxa-Deshauciada-Premio

En fin, a festa rematou con moito alegría para todos. Cada un co seu premio, e a rima, manténdose viva na vila do Cristo.

Mil anos máis para o Entroido de Fisterra!

Entroido-Fisterra-2013-A-Granxa-Deshaciuada-

Entroidos vidos

Entroidos por vir

Fonte

Comentarios