Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Malpica, Laxe e Cabana propoñen un Entroido coa Mikaela, Caietano e os Ghañán Style

Malpica, Laxe e Cabana propoñen un Entroido coa Mikaela, Caietano e os Ghañán Style

Por Bergantiños os antroidos teñen figuran que sobresaen, e hoxe repasámolas da man dos programas festexeiros para estes días.

Mikaela, Farruco e Faustino en Malpica

Entroido-Malpica-2013

En Malpica, como non podía ser doutro xeito, os protagonoistas serán a Mikaela, o Faustino e o Farruco. O antroido malpicán 2013 comeza o xoves día 7 de febreiro cunha festa infantil na Ludoteca Municipal para seguir con actividades diarias ata o martes de antroido.
Durante estes días non faltarán as festas de disfraces e os concursos de comparsas, piñatas e disfraces e gastronómico.

As parroquias de Malpica despedirán o antroido cos personaxes habituais como son a Mikaela en Buño, o Faustino en Malpica e o Farruco en Seaia na fin de semana de Piñata (16 e 17 de febreiro).
A última en despedir esta festa será a parroquia de Cerqueda co xa tradicional cocido de Antroido o sábado 23 de febreiro.


Caietano en Laxe

Entroido Laxe 2013

Mentres, en Laxe o Domingo día 10 de febreiro haberá Desfile e festa de comparsas que estará dinamizada tanto polo Caietano coma por un par de grupos de animación de zancudos da compañía Troula Animación.

Pero ademais, durante a semana do entroido, en concreto, os días 11, 12 e 13 de febreiro, en horario de mañá, teremos no Local Social Obradoiros de Conciliación para rapaces dende os 4 ata os 12 anos en horario de mañá (de 10:30 a 13:00 horas).
As tardes dos días 13 e 14, vísperas da Gran Festa que temos preparada este ano para a despedida do entroido en Laxe para o venres 15 de febreiro, onde lle daremos despedida ao finado Caietano, realizadoremos obradoiros de preparación desta gran festa no mesmo local social en horario de 17:30 a 20:00 horas.

E o venres 15 de febreiro despediremos ao entroido en Laxe e con el, á personaxe que sempre nos trae bo humor e ganas de troula nestas datas. Como adianto, podemos ir comentando que a procesión de despedida do Caietano farase polas rúas de Laxe e de noite... non faltando as velas, antorchas e mesmo candís...


Martes de Entroido en Cabana

Entroido de Cabana 2013

Serán os Ghañan Style un dos protagonistas, xunto con El Parga, da festa do Entroido do martes 12 de febreiro en Cabana de Bergantiños. Unha festa que encherá o pavillón cabanés dende as 17:00h, e que contará con concurso de disfraces e de comparsas, pero tamén con inchables e obradoiros para os pequenos, degustación de filloas, sesión de baile e unha proxección fotográfica.

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios