Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muros enterrará ao Facundo no seu Entroido comparseiro

Muros enterrará ao Facundo no seu Entroido comparseiro
Entroido Muros 2013

Muros tamén trae un Entroido ao completo. Dende o venres 8 de febreiro haberá actividades comezando polas festas infantís en Louro, Tal e Abelleira, da man das asociacións das parroquias. Pero o día grande é o Domingo de Entroido, día 10 de febreiro, co Concurso de Comparsas. Un concurso que ten 1.000€ para o gañador e máis de 2.000 en total.

Os luns 11 e martes 12 haberá actos de conciliación nos pavillóns de Muros e Esteiro e continuarán as festas infantís por Esteiro, Serres, Torea e Muros.

E o gran peche, será o mércores 13, co Enterro do Facundo. A saída será ás 18:00h acompañada cas pandeiretas de Faltriqueira, e a queima será no Curro da Praza ás 19:00h.

Máis información e inscricións

  • As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas.
  • 3/ As inscricións das mesmas farase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ou a través do teléfono 981762294, fax 981762313 ou da web www.muros.es, dende o día 21 de xaneiro ata o 10 de febreiro ás 15:00 horas.
  • Bases do Concurso de Comparsas de Muros 2013 [pdf].

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios