Xoves. 25.04.2024
El tiempo

APEM viviu un Entroido de Circo

APEM viviu un Entroido de Circo
Apem viviu un Entroido de Circo

Onte luns, e tralo primeiro asalto da fin de semana entroideura na Costa da Morte, a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) festexou o seu particular Entroido no seu local de Cee. Unha festa de entroido que este ano tivo como temática “O CIRCO APEM”.

Para este acto contaron coa colaboración de alumnos do Colexio Manuela Rial Mouzo que realizaron un número de teatro circense. Tamén participaron familiares e amigos, que xunto coa actuación dos nosos usuarios e traballadores, fixeron da tarde unha xornada diferente, animada e chea de alegría.

Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.

Apem viviu un Entroido de Circo A familia Apem de Entroido

Novas relacionadas

Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios