![Xose Regueira e Jose Marcote asinaron o convenio de colaboracion entre a Deputacion e o concello de Fisterra]()
Xosé Regueira e José Marcote asinaron o convenio de colaboración entre a Deputación e o concello de Fisterra
Se o pleno da Deputación da Coruña aprobaba recentemente o
Plan de Obras e Servizos (POS) 2016, que financiará 210 obras nos 93 concellos da provincia, onte o deputado de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde do concello de Fisterra, José Marcote, asinaron onte un convenio polo que
a Deputación financia con 38.400 € a reforma de infraestruturas en San Martiño de Arriba.
A Deputación da Coruña contribúe con 38.400 € á reforma de infraestruturas en San Martiño de Arriba, no concello de Fisterra.
O orzamento total da contrata da obra ascende a 48.000 € dos que a Deputación, como consta no convenio de colaboración asinado, achega o 80%.
O convenio ten vixencia até o 1 de novembro de 2017, prazo que se establece tamén como remate das obras, a non ser que se solicite unha prórroga con antelación. O importe do financiamento inclúese no orzamento da Deputación do ano 2016.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Deputación.