A Escola de Turismo Itinerante celebra unha xornada de formación en Fisterra
07:10 22/11/16
Onte tiveron lugar en Cee unhas xornadas que se inclúen dentro do programa "Profesionalización no Camiño"
Propietarios e traballadores dos locais de hostelería que discorren pola Ruta Xacobea participan estes días nas xornadas de formación que se inclúen dentro do programa "Profesionalización no Camiño" promovido por Turismo de Galicia a través da Escola de Turismo Itinerante. Onte desprazaronse ata Cee o profesor Robert Walther Schnellbach e o xornalista gastronómico Miguel Vila Pernas onde falaron sobre a gastronomía e a cociña no Camiño de Santiago. Hoxe, as xornadas celebraranse en Fisterra.
A iniciativa ten como obxectivo mellorar o nivel de profesionalización do sector facendo especia fincapé na atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia así como poñer en valor a gastronomía e os produtos de Galicia no Camino de Santiago. Así, propietarios e traballadores de restaurantes e cafeterías con servizo de comida no Camiño de Santiago poderán coñecer diferentes opcións para ofrecer menús con produtos galegos e optimizar os procesos de elaboración e aprovisionamento para facer un produto rendible.
Con este tipo de cursos, a Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostalería de Galicia busca mellorar a calidade dos restaurantes dos municipios polos que transcorren as Rutas Xacobeas e concienciar, a súa vez, a estes profesionais que son grandes promotores do Camiño de Santiago e da gastronomía galega.
Durante este mes de novembro a Escola de Turismo Itinerante continuará poñendo en valor a gastronomía de Galicia no Camino cunha nova xornada o día 28 en Santiago de Compostela.
Novas relacionadas
- O camiño de Fisterra-Muxía xa ten credencial e mapa propios
- Solpor edita unha credencial e un mapa do camiño de Fisterra-Muxía
- Cee acolle un Foro para analizar o Camiño Fisterra-Muxía como motor dinamizador
- Un libro do CSIC analiza a patrimonialización do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía
- Redacción QPC ([email protected])
- Turismo de Galicia