A literatura ten unha Cita en Fisterra con Luís Rei Núñez
Outra novidade arredor da literatura na Costa da Morte. Da man de Miro Villar coñecemos a última novela de Luís Rei Núnez, que leva por título Cita en Fisterra.
Ficha de "Cita en Fisterra"
O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola. Así emprende a viaxe a unha terra mítica, que el quere despoxada de calquera clase de verniz espiritual: non se trata dun Xacobeo bis.
Mais non por iso deixa fóra da mochila as preocupacións dunha alma que, ante as paisaxes do Atlántico, combina un agarimo infinito cun sentido crítico encirrado polas desfeitas do feísmo.
Con todo, o que á fin prevalece é a proximidade á xente, a curiosidade polo lendario e un cultivo case obsesivo da memoria (colectiva e individual), ademais da ambición, nunca menor, de dar unha imaxe do tempo que vai pasando. Deste xeito trázase o rumbo dunha viaxe que será tamén a de cada lector. Con cita en Fisterra.
Novas relacionadas
- Un filme sobre o Finisterre baixo o legado de Antón Mouzo.
- A SEMESCOM recolle as Romarías da Costa da Morte nun libro.
- Os versos erotizan as Crebas das praias das Sisargas.
- A bitácora da semana (CXLIV): As Crebas de Miro Villar.
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.
- A cultura muxiá resoa como a Pedra de Abalar.
- Que pasou na Costa: As terras fisterrás no século XVIII: un espazo pouco humanizado.