A nosa fin do mundo: centro mundial do turismo espiritual
Que o misticismo e a espirtualidade envolven o Camiño non é algo novo. Pero non deixamos de sorprendernos de como o simbolismo da nosa fin do mundo chega a todas partes do planeta.
I é que o Cabo de Fisterra acollerá o vindeiro 10 de xuño un encontro especial. Na súa viaxe arredor do mundo, 4 viaxeiros cruzaron o charco, atraveraron 40 países de todos os continentes, para aterrar na Costa da Morte, ecuador da súa viaxe unindo o norte e o sur do planeta, coa intención de "recuperar a forza femenina da terra". Unha forza que reside nas mans da Diosa Isis, que representa "a enerxía da Madre Tierra". Así nolo explican dous dos promotores deste Proxecto Harwitum, Matías de Stefano e Diego Paris.
Aquí, na fin da terra, darán "o último paso do camiño do corazón", mestuando "música, danza, meditación, activación, para que todos xuntos volvamos florecer" a partir dese sábado 10 de xuño.
Proxecto Harwitum
Harwitum é unha palabra moi antiga que facía referencia á Unión dos Pobos do Norte e o Sur a través dun Camiño Real trazado polos campos magnéticos e enerxéticos da Terra.
Harwitum é un proxecto que un grupo de persoas están levando a cabo o longo do ano 2012. O seu propósito é mover polo mundo a activación dunha nova conciencia sobre a realidade, que permita recoñecer o presente, asimilando o pasado e poñéndose a reconstruir un novo futuro.
Harwitum foi un camiño que se realizou fai miles de anos a través dos nodos magnéticos do planeta, e que hoxe, 4 persoas decidiron recorrer novamente, levando a luz o coñecemento dunha rede que conecta a todos e que está despertando día a día.
Máis información
Novas relacionadas
- O turismo espirtual como un dos retos do sector da Costa.
- A forza do Camiño para un peregrino danés.
- As Auroras fan brillar o Camiño dende San Martiño de Ozón.
- Unha documental “holística” sobre a Costa da Morte.
- Sentindo o Camiño.
- Manuel Vilar: A peregrinación de George Grisaphan: de Fisterra a Irlanda.
Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera
- Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae (VII). Lendas e tradicións. O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).