Venres. 29.03.2024
El tiempo

A oposición fai un repaso ás retrasadas e polémicas contas do Concello de Fisterra

A oposición fai un repaso ás retrasadas e polémicas contas do Concello de Fisterra

Hoxe mércores 25 de xaneiro de 2012, o BNG de Fisterra vai presentar nas oficinas municipais unha moción referente a asuntos de tipo económico-fiscal derivados da sesión plenaria celebrada este pasado luns. I é que segundo denuncian que "o concello de Fisterra celebrou un pleno extraordinario para someter a aprobación a Conta Xeral de 2010".

Para a oposición este pleno chega "a destempo" e matiza que "a Lei Reguladora das Facendas Locais estabelece que, a máis tardar, se someterá a aprobación do Pleno antes do 1 de outubro do exercicio seguinte". Pero ademais denuncian que o goberno municipal "negouse a responder ás numerosas preguntas do noso grupo relacionadas coas contas públicas: débedas coas entidades de crédito, emolumentos do goberno local, gastos en dietas e locomoción, remanente de tesourería, etc".

Un retraso que ademais se ve agravado "unha vez coñecido que o Consello de Contas de Galicia vén de facer público que o concello de Fisterra é un dos seis municipios da provincia da Coruña que, a día de hoxe, aínda non presentou as súas contas neste organismo fiscalizador", denuncian. Unha situación que pode revertir na non concesións de subvencións por parte da Xunta.

Superávit?

I é que o Resumo Xeral por Capítulos de “Gastos”, segundo indica o BNG, suma uns 3.606.161,26 €. E se en “Ingresos” aparece un total xeral de 3.610.179,57 €, a oposición non entende que no "Resumo da Clasificación Económica” apareza un Remanente de Tesourería Negativo por importe de -240.609,45 €.

Débedas

Por outra banda, parécelles "de extrema gravidade a alarmante situación na que se atopa o noso municipio en relación coas débedas contraídas coas entidades bancarias e que, segundo se desprende da Conta Xeral, ascenden a preto dun millón de euros. Outra cousa son as elevadas débedas con acreedores (preto de 1.400.000 €) e outros conceptos. En definitiva, unha vez analizados os datos resultantes da Conta Xeral de 2010, a débeda do concello podería rondar os 2.500.000 €", denuncia a oposición.

Dietas

Con respecto aos gastos de dietas e locomoción, que "ascenden a preto de 12.000 € durante o ano 2010", o BNG considera que "se trata dun auténtico despropósito toda vez que a este ritmo ao final da lexislatura estariamos falando dun total de 48.000 €".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios