Mércores. 03.06.2020
El tiempo

A oposición fisterrá quere galego

A oposición fisterrá quere galego

Unha vez que saíron as axudas para a dinamización da lingua galega, son varios os concellos se poñen ao traballo. Un deles é o de Fisterra logo de que o Pleno da Corporación aprobara unha Moción do BNG para solicitar o mantemento destas axudas. Unha moción aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG (5) e coas abstencións do grupo de goberno do PP (6).

Entrementres continúa en marcha a campaña a prol dos medios en galego Vitaminas para o galego, á que ademais vén de adherirse outro medio da Costa da Morte, como é a Radio Nordés-Cadena Ser.

Cursos Celga

Así mesmo, lembran, que xa saíron publicados os cursos CELGA 1, 2, 3 e 4, polo que todas as persoas interesadas deberían comunicar o seu interese en asistir a algún destes cursos para que o concello de Fisterra se acolla aos cursos máis demandados.

Camariñas e Cee xa están publicando os cursos.

E de feito, o propio Concello de Fisterra vén de facer públicos estes cursos gratuítos de lingua galega preparatorios para probas de distintos niveis. Así, o Concello de Fisterra, a través do Servizo de Normalización Lingüística vai solicitar dous cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2 e Celga 3. Os cursos teñen unha duración de 70 horas lectivas.

As persoas interesadas deberán formular a súa inscrición nas oficinas municipais ou ben chamando ao teléfono 981 740 001. O prazo remata o 26 de xaneiro de 2012.

Cursos en liña

Esta oferta de formación completarase cunha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do Celga 1, que sairá publicada no web da secretaría xeral, http://www.xunta.es/linguagalega no mes de marzo.

Probas Celga 2012

A asistencia aos cursos non implica a expedición de ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia. Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas Celga correspondentes. En 2012, os exames terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente e o prazo para a inscrición remata o 3 de abril de 2012.

Aqueles cursos que programe directamente a secretaría xeral realizaranse fundamentalmente nas sedes das escolas oficiais de idiomas e tamén en espazos de titularidade da Xunta de Galicia, principalmente en centros educativos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

comentarios