A Plataforma fisterrá seguirá traballando para poñer en valor o patrimonio do concello

09:10 07/02/11
O pasado, sábado 5 de febreiro, tivo lugar no novo salon de actos da Casa do Concello de Fisterra, a I Asamblea Xeral de socios da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño.
Os membros fixeron un balance de actividades levadas a cabo durante o primeiro ano de vida da Plataforma, reafirmando o espíritu que provocou a súa creación i enumerando as moitas iniciativas levadas a cabo durante este tempo. Asimesmo informouse aos asistentes do estado de contas da entidade e invitouse aos asistentes a renovar a súa condición de socio para este 2011.
Liñas estratéxicas para o 2011
Houbo tempo tamén para expoñer en liñas xerais os proxectos de futuro, entre as que cómpre destacar o que será o 2ª Campionato de Futbolín Alejandro Finisterre (seguindo ademais a petición da entidade de nomear ao inventor como Fillo Predilecto de Fisterra) ou o 2º Certame de Fotografía “Esencias de Fisterra”. Precisamente o gañador da primeira edición Juan Louro, vai impartir un curso de fotografía dixital. Traballarán tamén en millorar e perfeccionar os roteiros polo faro, denominado, ”Unha viaxe a través do tempo”, onde o principio de divulgación e un certo sentido pedagóxico permitirá aos máis cativos coñecer os elementos do Promontorium Nerium, como xa o fixeron o pasado ano. Neste sentido, crearanse máis persoeiros caracterizados (non só os San Guillermo, Orcavella ou o Pastor), creando un roteiro ameno e temático, onde se poda cumprir o compromiso de pór en valor a innumerable riqueza do Monte do cabo, ou Monte dos Nerios.Máis proxectos
A proxección dun Festival, unha intensa campaña de divulgación a nivel nacional e internacional de Fisterra como fin do camiño, o Boletín Km.0, ou as futuras I Xornadas sobre o Camiño a Fisterra (con conferencias, mesas redondas...) son outras das liñas nas que traballará a entidade. Liñas para as que a directiva tratará de reunirse co concello para tratar unha serie de asuntos aínda pendentes.Xunta directiva
Tamén destacar o nomeamento da nova Directiva da Entidade, que amplía o seu número de membros e que queda composta do seguinte xeito.- Presidente: José María Velay.
- Vicepresidente: Chus López Haz.
- Tesouseiro: Juan Gabriel Satti.
- Secretario: José Fernando Carrillo.
- Vocais: Cecilia Moure, Iván Fraga, Miriam Velay, Fernando Rivas, Brais Pichel, José Manuel Velay, Begoña Quintas, Josefa Martinez e María José Quintas.
Novas relacionadas
- Por unha Rúa Real peatonal en Fisterra.
- Novo ano e novo formato para o Boletín Km.0 de Fisterra.
- Novo Boletín Km.0 de novembro con colaboracións excepcionais.
- A revolución do futbolín alonxou ás consolas de Fisterra.
- A Plataforma fisterrá atopa a Esencia mariñeira a base de fotos.
- Fisterra viaxa no tempo polo Promontorio Nerium.
- O pobo fisterrán pide que Alejandro Finisterre sexa Fillo Predilecto da vila.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Fisterra Único Fin do Camiño.
- Fotos de Xusto Gómez.