A rúa que cambiará de nome en Fisterra tera nova rede de saneamento


Licita estes días o DOG os traballos para executar unha rede separativa na rúa Manuel Lago Pais de Fisterra, esa rúa que cambiará de nome, cumprindo coa Lei de Memoria Histórica, coa axuda dos veciños a través dunha enquisa online.
Actualmente, na zona da actuación estanse a recoller augas procedentes dun arroio, o que supón unha achega de augas pluviais que produce un gasto de enerxía innecesario no bombeo que envía as augas negras á EDAR municipal. Para evitar isto, executarase un novo colector de augas pluviais ao longo da rúa Manuel Lago, que captará as augas limpas procedentes do arroio no seu punto máis alto e as conducirá ata un punto de desaugadoiro que existe na costa.
A obra está cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e conta cun importe será de 382.000 euros e data límite de presentación de ofertas será o próximo 25 de xaneiro.