A Semana Santa de Fisterra estreará imaxe
A Semana Santa, que consta de 5 procesións e 4 actos vivintes únicos, segue dando que falar, sendo unha das Semana Santa con máis historia de Galicia. Despois de 2 anos de traballo, a Xunta de Confrarías conseguirá sacar un novo paso as rúas de Fisterra. A imaxe procesionará polas calles de Fisterra o día de Domingo de Ramos. As poucas pistas que nos poden dar (estas novidades sempre son un gran reclamo) é que é a imaxe da Entrada Triunfal de Xesus en Xerusalem, é de tamaño medio e sairá polas rúas de Fisterra o Domingo de Ramos, despois da bendición dos ramos.
Alí estaran milleiros de fieis do pobo e foráneos, que se achegan á vila de Fisterra para presenciar as procesións e actos relixiosos e tamén verbeneiros. Lembran que o ano pasado acadaron os 20.000 visitantes nun só día que chegaron ata Fisterra para asistir a procesión do Santo Enterro, unha das procesións máis longas da Semana Santa de Fisterra que culmina ben entrada a madrugada e co corpo de Xesucrito Xacente no sepulcro onde, o Domingo de Pascua, se celebrará a gran festa da Resurrección de Xesús.
Peregrinación
Ademais, e por 2º ano consecutivo e despois da aceptación do pasado ano, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra está a organizar a II Peregrinación ó Santísimo Cristo de Fisterra que se deesenvolverá o día 28 de marzo.
Toda a xente que queira participar na Peregrinación poderá anotar.
Novas relacionadas
- A Panorama non fallará á súa cita coa Semana Santa de Fisterra.
- A retranca, polas veas de Fisterra.
- Un ano de sorpresas na Semana Santa de Fisterra.
- A Semana Santa de Fisterra foi distinguida por manter vivas as tradicións seculares.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- 2014: O pobo mantén viva a chama da fe na Semana Santa de Fisterra.
- 2013: De viaxe pola Semana Santa na Costa da Morte.
- 2012: O sol renace canda Cristo nunha chea Semana Santa de Fisterra.
- Festas do Cristo 2011: Fisterra respirou devoción a pesar do tempo.
- Festas do Santo Cristo 2010: Fisterra respirou espiritualidade.
- Festas do Santo Cristo 2010: A Panorama “montou un bo cristo” en Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2009: E Cristo resucitou en Fisterra.
- Festas do Santo Cristo 2009: De procesión na Semana Santa de Fisterra .
- Festas do Santo Cristo 2008: “A Semana Santa en Fisterra non se pode describir, hai que vela e vivila”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).