A veciñanza de Fisterra decidirá a través dunha enquisa online o novo nome da rúa Manuel Lago Pais


Interesante iniciativa a do Concello de Fisterra solicitando a participación da veciñanza para escoller o novo nome da rúa Manuel Lago Pais. O pleno aprobou retirar o nome da rúa por tratarse dunha persoa vinculada á sublevación militar franquista e estar afectado pola coñecida Lei de Memoria Histórica. En dito Pleno tamén se acordou iniciar un procedemento de proposta de novo nome para a rúa, mediante mecanismos de consulta e participación da veciñanza de Fisterra.
E para facelo abren unha enquisa online na que pulsarán a opinión da veciñanza, preferentemente empadroada no Concello de Fisterra, sobre novos nomes.
Esta enquisa poderase realizar desde o 21 de decembro de 2016 ata o 21 de xaneiro de 2017 para que os resultados se poidan valorar no pleno ordinario que se levará a cabo no mes de febreiro.
Para poder votar, preme aquí: https://goo.gl/forms/3MYVimBYA0QsGpd22.
Fonte
- Concello de Fisterra.