Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O incendio forestal arrasa 130 hectáreas en Fisterra

  • Última hora (22.00h): A Xunta dá por Estabilizado o incendio de Fisterra con 130 ha arrasadas. 
  • Última hora (18.00h): a Xunta actualiza a superficie arrasada do #IFSardiñeiroFisterra ata 130 ha. Aínda está activo pero evoluciona favorablemente. Mentres houbo xa outro contato, controlado a tempo, no Ézaro (Dumbría) , e outro aínda activo en Boca do Río (Carnota). O Ges de Muros de camiño. 
Imaxe do Incendio de Fisterra-Foto-Rafa Quintans
Imaxe do Incendio de Fisterra, en Mallas-Foto-Rafa Quintáns
O incendio forestal arrasa 130 hectáreas en Fisterra

Semana clave na loita contra os incendios foresitais en Galicia. E non podía faltar a Costa da Morte… Esta madrugada, arredor das 1:17h, prendían lume preto de Rial, parroquia de Sardiñeiro (Fisterra), e pouco a pouco o lume foise extendendo por Mallas (parroquia de Duio).

A pesar dos traballos de contención a pé (hai poucos medios pois máis dunha ducia de incendios activos en Galicia), ao longo da noite xa arderan 40 hectáreas de monte raso, segundo informaba a Xunta ás 8:00h recoñecendo que o incendio seguía activo. Unha superficie que a Xunta actualizaba arredor das 14:00h cunha superficie devorada de 120 hectáreas.

Tan activo que a piques estivo de chegar ás casas de Vigo, ata que as 9:00h controlaron o perímetro do lugar; e tan activo que o lugar de Mallas que estivo en alerta durante toda a mañá. De feito, pasadas as 10:00h a Xunta informou do perigo real que sofren as casas de Rial, polo que os Bombeiros de Cee acodiron ao lugar.

No seu control traballaron  4 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) con 59 persoas, un helicóptero e 19 medios terrestres. 

Con esta imaxe espertaron os veciños da vila do Cristo, e varios veciños están pendentes pois o vento do nordés segue expandindo, e pode que chegue a afectar a algunha casa. De feito, Galicia está en alto risco de incendios durante estes días, e o 112 avisa dunha nova alerta amarela por fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por ventos de nordés de forza 7 entre Vilán e Fisterra que comeza ás 13:00h. 

Afortunadamente, a esa hora o incendio quedou máis ou menos controlado, pero a situación do vento fai que en calquera momento poida cambiar.

Asi amence Mallas en Fisterra-Foto-Jose Insua

Seguiremos actualizando a información sobre este #IFSardiñeiroFisterra.

O lume ainda estaba ben activo ao mencer

Incendio en Mallas-Fisterra copia
Hidroavions no IF Fisterra-Foto-Rafa QuintansHidroavions en Fisterra Foto-Seluman

Arrefriando pola zona de Mallas 11.30-Foto_Rafa Quintans copia
Arrefriando na zona de Mallas pasadas as 11:30.Foto-Rafa Quintáns​
Bombeiros en Mallas-Fisterra-Incendio-Foto-Rafa Quintans
Arrefriando na zona de Mallas pasadas as 11:30.Foto-Rafa QuintánsSituacion do incendio en Mallas-Foto_Rafa Quintans 2 copia
Primeiras imaxes dende Mallas-Foto-Rafa Quintáns

Máis novas sobre incendios

Novas sobre prevención

Comentarios