Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Alternativa investiga a grave situación do Servizo Municipal de Urbanismo

Concelleiro de Alternativa Fisterra Francisco Martínez
O Concelleiro de Alternativa Fisterra, Francisco Martínez
Alternativa investiga a grave situación do Servizo Municipal de Urbanismo

“Solicitei á atención do Secretario Xeral do Concello toda a documentación en relación con todos os contratos que foron adxudicados e as facturas a A. B. C.  xa que o arquitecto que prestou os servizos de urbanismo para o Concello de Fisterra entre o mes de xullo do 2018 e o mes de abril de 2024, emitía facturas ao seu nome como traballador autónomo e tamén mediante unha empresa da súa propiedade". 

Así explica o  Concelleiro e membro do Goberno Municipal de Alternativa dos Veciños, Francisco Martínez Traba, a intención do grupo actual de goberno de "regularizar a grave situación na que se atopaba o Servizo Municipal de Urbanismo", como vén prometeron durante a campaña electoral. "Cando chegamos ao Goberno puidemos corroborar que aínda era moito máis grave do que xa se podía predicir desde fóra”, avisa.

“No referente á adxudicación de contratos a favor de A. B. C , queremos aclarar, que lle foron adxudicados contratos como a redacción do Plan Xeral, a redacción do Plan do Casco Histórico, a modificación puntual do Plan Xeral e, non menos importante, números contratos para a elaboración de proxectos de obras e para a dirección das mesmas. Se xa é rechamante a adxudicación de todo este encadeamento de contratos, aínda o é moito máis, cando moitos destes foron adxudicados como contratos menores de forma directa, aínda tendo características de contrato maior", explican. 

E, no referente á emisión e pago de facturas, sinalan, "sucedeu algo similar, producíndose unha sucesión continua e prolongada no tempo, durante case seis anos. Onde, en relación co pago destas facturas, existen números reparos da legalidade por parte de secretaria-intervención e os consecuentes levantamentos dos reparos por parte de Alcaldía para abonar estas facturas” explica Francisco Martínez.

“En Alternativa dos Veciños cumpriremos coa palabra dada aos veciños. Levantaremos todas as alfombras e varreremos o po. Se alguén fixo as cousas como non corresponde, terá que responder por iso e, se alguén cobrou diñeiro das arcas municipais de maneira ilícita, pois terá que devolvelo” matiza o Concelleiro de Alternativa dos Veciños.

Máis novas

 

Comentarios