O PXOM de Fisterra ve a luz... 18 anos despois
18, case 19 anos pasaron para que o Plan de Ordenación Urbanística de Fisterra sexa unha realidade. Esta pasada mañá de luns 5 de agosto de 2019, o alcalde fisterrán Jose Marcote asinaba o documento definitivo coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.
Un documento que ten como prioridade "frear a dispersión e preservar o seu patrimonio natural e cultural", dando "un novo marco legal que marcará a evolución do municipio ata 2031". Un documento que substitúe ao que rexe actualmente na vila, de 1996.
Con este documento a Xunta pretende ordear o territorio municipal e focalizar as novas edificacións en núcleos xa consolidados, tendo en conta que o 92% do termo municipal está catalogado como solo rústico.
O PXOM prevé o prevé un crecemento máximo durante os próximos anos de 1.531 vivendas novas. Pero ademais ten en conta as dotacións en materia de sanidade, como a creación dun Centro de Saúde, para zonas verdes ou aparcadoiros.
Novas relacionadas
- Novembro 18: O PXOM de Fisterra terá que retirar a mámoa pantasma.
- Abril 18: O PXOM de Fisterra podería estar listo a final de ano… 17 anos despois.
- Xuño 17: Piden a eliminación dun reparo da AGI para aprobación definitiva do PXOM de Fisterra.
- Marzo 2016: Aprobado un PXOM de Fisterra que non convence a ninguén.
- 2013: 13 anos de redacción para o PXOM de Fisterra.