Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Alternativa dos Veciños mete presión ao PSOE para formar un goberno progresista en Fisterra

Counicado de Alternativa dos Vecinos Fisterra
Alternativa dos Veciños mete presión ao PSOE para formar un goberno progresista en Fisterra

A candidatura de Alternativa dos Veciños de Fisterra, o grupo máis reforzado das Eleccións Municipais do 28M, vén de ofrecer unha rolda de prensa esta tarde de martes 13 de xuño.

Tras chegar a un acordo de investidura co BNG (que non entrará no goberno), o grupo quere explicarlle a veciñanza cal é a situación real a apenas 4 días do día da investidura, formulada para este sábado 17, xa que aínda non ten resposta do PSOE para unha posible investidura de Áurea Domínguez como alcaldesa.

Juan Francisco Martínez Canosa explicou a vontade do grupo de ofrecerlle transparencia á veciñanza, e deu paso á que a candidata lese o comunicado preparado. Domínguez repasou ás cifras que poñen ao PP como forza máis votada con 1.186 votos, pero puxo en valor os “os 1.645 votantes que non queren que o PP goberne en Fisterra os próximos catro anos”. “Con este escenario político Alternativa dos Veciños síntese lexitimada no feito de presentar a súa candidata, Áurea Domínguez Sisto para que sexa elixida alcaldesa no acto de investidura do próximo sábado, día 17 de xuño”.

Domínguez explicou que no primeiro contacto, o PSOE “expuxo que calquera pacto de goberno co PSOE pasaba necesariamente pola condición de ser Jose Marcote o alcalde”, pero ante a negativa do ge Alternativa, “José Marcote ofreceu o apoio á investidura da candidata de Alternativa dos Veciños sempre e cando el non obtivera os apoios necesarios para ser investido alcalde”, aseguran dende o grupo verdeamarelo.

Pero a día de hoxe non hai resposta do PSOE, quen respondeu a Domínguez que “están á espera de ter unha reunión co secretario da organización e que de momento non teñen nada novo que dicir”.

”Nós sentímonos capaces de gobernar en minoría. Temos forza e ilusión e, si conseguimos os apoios necesarios para a investidura, gobernaremos dispostos a acadar os acordos que sexan necesarios con tódalas forzas políticas para mellorar Fisterra e a calidade de vida dos nosos veciños. Esta dispoñibilidade estará igualmente presente no caso de que quedemos na oposición”, sinala.

Novas relacionadas

Comentarios