O BNG de Fisterra facilitará a investidura de Áurea Domínguez sen entrar no goberno
Con este comunicado a Asemblea Local do BNG de Fisterra deixa clara a súa postura de cara ao pleno de investidura do vindeiro sábado 17 de xuño.
En calquera caso, a investidura necesitaría tamén os votos do PSOE, co que agora terá negociar Alternativa dos Veciños.
Comunicado do BNG de Fisterra
A Asemblea do BNG de Fisterra, tras a análise dos resultados das eleccións municipais, quere trasladar o seguinte:
1. O BNG, como forza nacionalista e de esquerdas, tratará de evitar que o PP goberne en Fisterra.
Con tal motivo facilitará a elección da candidata de Alternativa dos Veciños á alcaldía.
2. Con todo, de momento non nos integraremos no goberno.
Traballaremos desde a oposición, podendo chegar a acordos puntuais polo ben de Fisterra.
3. Non deixaremos de traballar en servizo da nosa veciñanza.