Alumnado do IES Fin do Camiño participan na campaña de doazón de sangue
08:09 20/06/17
A unidade móbil estará situada na contorna da lonxa de Fisterra
A Unidade Móbil de Doazón do Centro de Transfusión de Galicia regresa Fisterra o vindeiro venres, 23 de xuño. O camión estará ubicado na Lonxa da vila dende as 10 ata as 21 horas.
Un ano máis, o alumnado de 3º e 4º do IES Fin do Camiño de Fisterra colaborará coa campaña agasallando aos doadores chapas personalizadas co lema de "Fisterra Doa" para agradecer a solidaridade dos veciños e veciñas. Os alumnos e alumnas aproveitarán a ocasión para realizar unha enquisa co fin de coñecer o motivo polo que a xente doa.
Novas relacionadas
- Santa Comba colleitou 156 doazóns en 2 días
- Santa Comba tamén doa sangue en verán.
- O 15% dos carballeses son doantes de sangue.
- Carballo invita aos veciños e veciñas a doar sangue
- A campaña Fisterra Doa repunta o número de doazóns
- O alumnado do IES Fin do Camiño poñen en marcha o Fisterra Doa
- Un Maratón de Sangue consegue un 50% máis de doazóns en Fisterra
- Redacción QPC ([email protected])