Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Santa Comba tamén doa sangue en verán

Santa Comba tamén doa sangue en verán
Presentando a campana de doazon en Santa Comba Presentando a campana de doazón en Santa Comba

Estes días, luns 29 e martes 30 de agosto, a Unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia, o bus da doazón, está diante do Centro de Cultura, das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas. Unha boa ocasión para que todos os veciños xalleiros demostren a súa soledariedade.

Así o anunciaban o pasado venres a alcadesa María Josefa Pose Rodriguez, xunto María Esther Espasandin Turnes (Terceiro Tenente de Alcalde – Servizos Sociais, Muller e Igualdade) e Ángeles Pazos del Olmo (Prensa e Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue). Facíano nunha rolda de prensa na que presentaron os datos de doazón do Concello de Santa Comba en 2015 e anunciaron a campaña “Súmate. Doa Sangue”.

Nada menos que 657 doazóns alcanzou Santa Comba durante o ano pasado, superando así a taxa de doazón recomendada pola OMS, con 68 doazóns por cada 1.000 habitantes.
Santa Comba conta con 1.426 doadores censados, que realizaron 10.557 doazóns de sangue dende a primeira visita dunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia en novembro de 1993.

Así, para manter o ritmo de participación tamén en verán, veñen de presentar a campaña “Súmate. Doa Sangue”. A idea é animar aos veciños para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Pois as épocas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co período de vacacións de verán (xuño, xullo e agosto). Por iso, lévanse a cabo accións informativas cos concellos, para tratar de garantir unha participación axeitada co obxectivo de cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios