Ambientazo en Fisterra para ver as exhibicións das Escolas Deportivas


Máis de 500 pequenos deportistas de Fisterra celebraron en loor de multitudes a Clausura das Escolas Deportivas Municipais. O pavillón de Fisterra estivo ateigado durante toda a tarde do venres, para que todas as familias comprobasen o traballo realizado durante todo ano polos rapaces e rapazas das escolas.
E pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... puideron disfrutar de ver as exhibicións dos seus pequenos, tanto a nivel futbolísitico, como a base de fermosas coreografías de baile moderno, patinaxe, taekwondo...
Ademais fíxose entrega das medallas e trofeos colleitados durante este curso, antes de disfrutar da merendola final que puxo peche ao curso e deu a benvida ao verán.
Destacables a presencia de Sara Facal, campiona de badminton, ou dos benxamíns campións do Campionato Intercomarcal e 4º nos Provinciais da SD Fisterra.


Novas relacionadas
- Triplete dos pequenos fisterráns do fútbol 8.
- Os peques fisterráns recolleron os seus diplomas informáticos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).