Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano"

Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano"
Durante a tarde de onte martes 7 de setembro apareceu un novo cadáver na praia de Mar de Fóra en Fisterra. Apuntan que o corpo pode ser o do peregrino italiano que desaparecía o pasado 21 de agosto. A Garda Civil recolleu o corpo en estado de descomposición, polo que non se puido cerciorar que se trataba do peregrino italiano. Xa son varios os episodios tristes nestas semanas no concello de Fisterra. Se a comezos de mes un home falecía dunha parada cardíaca na Praia Langosteira, a semana pasada un catalán tamén perdía a vida nos cantís. Iso si, os bañistas non temen a nada e malia a forte oleaxe que reina estes días na praia de Mar de Fóra, seguen bañándose.

Novas relacionadas

Fonte

  • La Voz de Galicia.
  • LA Opinión da Coruña.
  • Comentarios