sábado. 24.05.2025
El tiempo

Ara Solis e o parque infantil de San Roque sofren a idiotez dos vándalos

Ara Solis e o parque infantil de San Roque sofren a idiotez dos vándalos
Actos vandalicos en Ara Solis e no Parque de San Roque-Fisterra Actos vandálicos en Ara Solis e no Parque de San Roque

Parece que un grupo de vándalos pasaron unha noite completa esta pasada fin de semana por fisterra. A SD Fisterra denuncia onte os actos vandálicos producidos na noite do domingo ao luns, no campo de Ara Solis. Os autores destas incomprensibles accións romperon varias porterías do campo, os paus e as redes.

Esta mañá era unha veciña da zona de San Roque a que alertaba ao Concello, segundo explica o teniente alcalde Kuka Sar a través das redes sociais, de que o parque infantil da zona de San Roque tamén sufrira unha inexplicable acción de destrozos. Parte do parque foi precintado pola Policía Local para evitar males maiores, pois varias escadas foron destrozadas. Un parque que, iso si, está a espera do PAS da Deputación para a súa remodelación.

“Pola proximidade co campo de fútbol pensamos que poido ser a mesma xente que o domingo á tarde reventaron as porterías de fútbol 8 dos cativos”, comenta Sar.

Pide o Concello colaboración dos veciños para informar de calquera cousa que teñan visto a noite do domingo, pola zona, que se poñan en contacto coa Policía Local.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios