sábado. 26.04.2025
El tiempo

Arte e vida para o I Rastriño Internacional na Fin do Camiño (aprazado)

Arte e vida para o I Rastriño Internacional na Fin do Camiño (aprazado)
I Rastrino Internacional na Fin do Camino 2015
  • Última hora: Por mor do mal tempo, o Rastriño queda aprazado para o sábado 9 de maio.

Chega o I Rastriño Internacional na Fin do Camiño. Esta ponte do 1 e 2 de maio a vila de Fisterra acollerá esta fermosa cita ca Cultura na rúa e a artesanía, promovida por un dos grandes dinamizadores da vila do Cristo como é Roberto Traba Velay, que mentres nos trae a súa novela por capítulos en QPC, trata de armar, coa colaboración do Concello, un completo programa de actividades e artistas para encher a rúa, o mellor escenario posible.

A rúa Real será escenario e testemuña de artistas locais e de diferentes países. Abrirá a festa o o venres co pregón de Mighel, coñecido artista fisterrán que de seguro fala da arte natura fisterrá. Peter Punk encherá a tarde para os cativos, o veciño Xermán Martínez fará un monólogo pola tarde, e o propio Roberto fará o conxuro antes de que caia a noite.

O sábado 2 de maio comezará con talleres e xogos populares na praza da Constitución. O Grupo Alas de Circo animará a feira, e tamen estarán os de Pistacatro facendo teatro de rúa. Tini Rivas será protagonista entrada a tarde, dando paso á nova Queimaxa e ao espectáculo nocturno de Alas de Circo, que servirá para pechar o Rastriño.

Preparen as súas mellores galas, pois estarán gravando un vídeo promocional para vindeiras edicións, e tanto os artesáns como os veciños terán que demostrar que Fisterra é unha vila festexeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios