Artesáns e comerciantes de Fisterra xa se poden inscribir na Feira de Inverno
06:56 10/11/15
Fisterra, unha desas vilas onde a artesanía vai no sangue, prepárase xa para a I Feira do Inverno Textil e Complementos. Será durante a semana entre o 19 e o 24 de decembro e poderán participar os comercios e artesáns de Fisterra adicados ao textil e complementos.
As prazas son limitadas e gratuítas polo que os interesados xa están anotándose, ata o 20 de novembro, na Concellería da Cultura, no 667 68 32 88, no 685 55 77 08 ou en [email protected].
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).