Domingo. 14.07.2024
El tiempo

As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra

As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra
Sesion informativa da LOMCE en Vimianzo

O pasado venres no Auditorio da Casa da cultura de Vimianzo, a ANPA San Vicenzo e a federación de ANPAS da Costa da Morte organizaban un novo acto sobre “a LOMCE a debate”. Unha campaña informativa que percorre a bisbarra para manter aos profesores ao tanto das consecuencias da contrarreforma educativa do Goberno, pola que, entre outras cousas, a Relixión volverá ser computable e terá o mesmo tratamento que Matemáticas, contando para a nota media, para a obtención de becas e a efectos de repetición de curso.

Se ben para a semana toca en Fisterra, a sesión vimiancesa expuxo, entre outras cousas, que que no último borrador aprobado súmanse novos elementos que engaden polémica á xa existente (debido aos perniciosos efectos da imposición das reválidas ou a eliminación do ensino en galego).

Sesion informativa da LOMCE en Vimianzo

Máis citas informativas en Fisterra

A LOMCE a debate en Fisterra

As Anpas, sendo conscientes que temos que seguir informando á comunidade educativa (á parte á que aínda non chegaron) sobre a LOMCE. Por iso, a anpa "Arco da Vella" de Sardiñeiro, coñecedora da necesidade dunha educación pública e de calidade para o alumnado do noso País, organiza unha charla sobre a LOMCE en Fisterra.

Para ter un suficiente coñecemento sobre a chamada lei Wert, asistide á conferencia que terá lugar o 29 de maio (mércores) ás 19:30h. no salón de actos do concello de Fisterra. Ao remate, poderás participar no debate ou formular as preguntas que consideres.

A anpa "Arco da Vella" e as anpas da Costa da Morte agardan a túa asistencia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios