Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As augas submariñas de Fisterra prepáranse para ser retratadas

As augas submariñas de Fisterra prepáranse para ser retratadas

Esta fin de semana terá lugar o XIV Campionato Galego de Fotosub, clasificatoria para Campionato de España. Este importante evento é organizado polo Club "Buceo Finisterre", cuxos reponsables son Alicia Carrillo Lago e Fernando Carrillo Lago.

Escolleuse esta zona para a realización do campionato polas excepcionais condicións das augas e ser esta zona unha das de maior biodiversidade de Europa.

Serán ducias de fotógrafos mergulladores os que busquen as imaxes máis impactantes dos fondos costeiros, como facían hai pouco en Lira.

Para máis información e inscricións, poden poñerse en contacto con Alicia no 981 740 180.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios