Luns. 13.07.2020
El tiempo

A Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra volve á carga pedindo o acondicionamento de xardíns e paseo marítimo

A Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra volve á carga pedindo o acondicionamento de xardíns e paseo marítimo

Unha alegría volver a recibir un escrito presentado por José Fernando Carrillo no Concello. Superado o covid19, o combativo presidente da Asociación de Veciños Costa da Morte, vén de presentar dous escritos no Concello de Fisterra, para que os políticos tomen en consideración.

A primeira petición é que “no Paseo de Corveiro e o acceso á praia do mesmo nome procedan co pintado de mantemento das farolas e varandas para evitar a súa destrución, como resultado da oxidación e o mal aspecto que dan”.

Así mesmo solicita que se procendan “a realizar os traballos de acondicionamiento dos xardíns situados na zona da Cerca, fronte a Casa Velay e o que está entre o edificio do Patronato e o Castelo de San Carlos, antes de que inicie a tempada turística”.

Novas relacionadas

comentarios