Asun Estévez fixo tremer Fisterra cos seus poemas


A entrega de premios do Concurso de Poesía Cabo Fisterra tivo unha actuación máis que especial. O público disfrutou dunha orixinal presentación literaria por parte da escritora pontevedresa Asun Estévez. Unha muller que destaa pola súa loita contra o cancro, para a que a poesía é toda unha terapia.
Asun tirou dos guitarristas Estela Martínez Martínez e Alejandro Lorenzo Díaz, no acompañamento musical, para traer unha poesía diferente. A poetisa recitou algúns dos seus versos que dan forma ao seu poemario "Noites, amenceres... e algo máis", libro que veu presentar á fin do mundo.

Estévez amouse moi por estar na Vila do Cristo e na fin do mundo e animou os presentes a disfrutar da vida e da poesía. Moitos vellos coñecidos, como Xusto Gómez, achegáronse ao salón de plenos para que a sesión fose máis calurosa. Ademais, os representantes do Concello entregaron varios regalos á valiente poetisa.


Concurso de Poesía "Cabo Fisterra"

Un xoven da localidade, Xoán Silva Pazos (na categoría de maiores de idade) e un adolescente baiés, Darío Miranda Pastoriza (a categoríade entre 13 e 18 años), foron os gañadores.
Novas relacionadas
- Fisterra vibrará coa poesía de Asun Estévez na entrega de premios do concurso “Cabo Fisterra”.
- Fisterra volve unirse a través do poemas de María José Lago Traba.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Fisterra.
- Foto de Xusto Fisterra e Darío Gómez.