Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Aula CeMit de Fisterra achega a programación á mocidade

FISTERRA_Scratch day
A Aula CeMit de Fisterra achega a programación á mocidade

A aula Cemit de Fisterra, acollerá o sábado 5 de outubro a “IX Scratch Day”, unha introdución divertida ó mundo da programación a través da ferramenta Scracht. Para acadar os obxectivos, os participantes elaborarán videoxogos ralacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos.

A sesión levarase a cabo de 9,30 a 13,30 horas no Chalé de Vilas e está destinada a menores entre 7 e 15 anos, sendo necesario acudir acompañados dun adulto.

A actividade está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), coa colaboración da Xunta, sendo Fisterra a única ubicación na que se levará a cabo na provincia da Coruña.

As prazas son limitadas, e para facer reserva da mesma pódese facer tanto na propia aula, como na web CeMIT ou no teléfono 673081740

Comentarios