venres. 06.12.2024
El tiempo

A aula CeMIT de Fisterra acolle un obradoiro práctico sobre o uso de tecnoloxías innovadoras

  • A sesión será o 14 deste mes, presencial, gratuíta e cunha duración de catro horas.
Aula Cemit Fisterra setembro 23
A aula CeMIT de Fisterra acolle un obradoiro práctico sobre o uso de tecnoloxías innovadoras

A aula CeMIT de Fisterra é unha das 18 localizacións elixidas de toda Galicia para levar a cabo un taller para formar a cidadanía no uso de equipamento innovador. Os/as participantes nestas xornadas aprenderán a manexar dispositivos como impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi. Estas sesión, presenciais e cunha duración de 4 horas pertencen a un ciclo de 18 talleres levados a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para formar a persoas maiores de 16 anos sen necesidade de coñecementos previos na temática.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o mércores 13 de setembro para inscribirse (as prazas son limitadas) e poden facelo na propia aula CeMIT, a través do teléfono 673081740 ou a través da seguinte ligazón: https://cemit.xunta.gal/.../formacion-presencial/43009


 

Comentarios