Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A aula CeMIT de Fisterra énchese de persoas para aprender sobre ciberseguridade

Xornada ciberseguridade AUla CEMIT Fisterra
A aula CeMIT de Fisterra énchese de persoas para aprender sobre ciberseguridade

Achéganse unhas datas do ano con máis calotes e estafas, motivadas polo Black Friday e as compras de Nadal. Por esta razón, dende a aula CeMIT de Fisterra, de man de Alicia López, organizouse unha xornada formativa para dar a coñecer consellos de seguridade en dispositivos móbiles e prinicipais expoñentes das fraudes.

Para a ocasión, contouse cun experto no tema: Nacho Álvarez (experto en ciberseguridade e responsable de formación no tema a nivel nacional e internacional), quen en repetidas ocasión nos instou a apelar ó sentido común.

“Gran comunicador”, “linguaxe cercana e precisa”, “gustoume moito a inforamción dada e os exemplos”, “aprendín moitas cousas”, “repetiría sen dúbida”… estes son só algúns dos comentarios á saída da formación, especialmente o de volver a acudir á charla.

O que está claro dada a resposta dos/as usuarios/as é que, de repetirse, haberá que facelo nun local máis amplo, posto que as 30 prazas da aula CeMIT quedan escasas.


 

Comentarios