A Aula CeMit de Fisterra organiza unha serie de charlas de Finanzas para tod@s

09:18 02/09/25
A Aula CeMIT de Fisterra recibe de novo neste mes de setembro a expertos do Banco de España, para desenvolver varias charlas sobre finanzas básicas, aptas para todo tipo de público sexan ou non coñecedores do tema, xa que se utiliza linguaxe coloquial e resolución de dúbidas das persoas asistentes.
- 4 de setembro: Billetes, moedas e inflación: aprende a distinguir billetes e moedas lexítimos, deteriorados e falsos, os teus dereitos en operacións de efectivo, e as nocións básicas para entender a inflación e o seu impacto sobre as decisións que tomamos no día a día. (2,5h)
- 10 de setembro: Pagos, Financiamentos e o Portal do cliente do Banco de España: que debes saber e como comparar á hora de pagar e endebedarte. Recursos, ferramentas e simuladores que ofrece o Banco de España. (2,5 h)
- 15 de setembro: Finanzas persoais e protección activa fronte á fraude: consellos e ferramentas para a elaboración dun orzamento financeiro persoal e consellos de protección fronte á fraude. (2,5 h)
As persoas poden asistir a todo o ciclo de charlas ou a aquela/s na que estean máis interesadas.
Para máis información ou inscricións: Aula CeMIT Fisterra / 673081740.