Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Aula Cemit de Fisterra propón un setembro de finanzas

Curso Aula Cemit de Fisterra de finanzas
A Aula Cemit de Fisterra propón un setembro de finanzas

Este mes de setembro a Aula Cemit Fisterra comeza ao curso unha interesante formación en colaboración co 𝙱𝚊𝚗𝚌𝚘 𝚍𝚎 𝙴𝚜𝚙𝚊ñ𝚊.

O obxectivo da mesma é dotar a cidadanía dos coñecementos básicos e das ferramentas necesarias para manexar as súas 𝐟𝐢𝐧𝐚𝐧𝐳𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐞 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐝𝐚 mediante información útil, neutral e libre de calquera interese comercial.

Trátase, pois, de tres sesións individuais explicadas con linguaxe próximo e moitos exemplos:

  • Sesión 𝟏: Martes, 17 de setembro. Coñecementos básicos para manexar os meus aforros.
  • Sesión 𝟐: Martes, 24 de setembro. Consellos prácticos sobre contas, tarxetas e outras formas electrónicas de pago. Que debo saber á hora de facer unha compra ou asinar / renegociar unha hipoteca?
  • Sesión 𝟑: Xoves, 26 de setembro. Comercio electrónico, bizum, banca dixital. Como protexerme fronte a fraude nas operacións financeiras cotías?

Información e inscricións: 673081740 / Aula CeMIT Fisterra
 

Comentarios