Luns. 29.04.2024
El tiempo

Autónomos e empresas da Costa da Morte regalan máis de 1 millón de euros ás eléctricas

Marcelino Gonzalez Aralumen Fisterra copia
Marcelino González é consultor enerxético na empresa Aralumen de Fisterra
Autónomos e empresas da Costa da Morte regalan máis de 1 millón de euros ás eléctricas

O pasado ano 2022, entre todos os que temos negocios na Costa da Morte deixámoslle un agasallo de máis de 1.000.000 de € ás compañías eléctricas.

Se tes un negocio, seguro que algunha vez che chegou unha factura da luz desorbitada, moito máis alta do que esperabas recibir. Seguro tamén que te pasaches horas e horas ao teléfono intentando resolver o problema, e o peor estaba por chegar, porque mentras seguías reclamando e intentando entender que pasou… Zasca! outro mes fóra e de novo, outra facturaza da luz cun importe desorbitado.

“Pero… que pasou? Por qué carallo estou pagando tanto?”

 

 

Os motivos poden ser diversos: porque rematou unha oferta e nos quitaron o desconto que tiñamos no prezo da luz, porque temos unha máquina que está danada e está consumindo mais do que debería, por algunha penalización que nos están aplicando, por exceder a potencia que temos contratada….

Esto, ainda que custe crelo, é unha situación que se repite unha e outra vez na maioría dos negocios da Costa da Morte: somos incapaces de levar o control das nosas facturas da luz, e por conseguinte, regalamos centos ou miles de euros anuais ás compañías eléctricas.

Somos empresarios e empresarias curtidas en máis de mil batallas, sobrevivintes a crises, Covid, cuotas, impostos, inflacións e cantas calamidades se nos puxeron diante nestes anos…pero incapaces de saber o que estamos pagando na factura da luz.

 

Fagamos un pequeno esforzo por extrapolar e imaxinarnos esta situación con calquera outro produto ou servizo que necesitemos para o noso negocio. Sería algo desastroso para calquera empresario non saber con toda certeza o custe das súas materias primas, verdade? 

Imaxinémonos por un momento como donos ou donas dunha cafetería, intentando facer o escandallo para determinar a qué precio debemos vender o café. Coñecemos o custe do local, dos empregados, do azucre, do leite… pero resulta que non temos nin idea de canto nos custa o café.

 

Nesta hipotética situación, sería imposible saber o marxe de ganancia que nos queda, e por conseguinte, tampouco saberíamos cantos cafés precisamos vender para pagar os nosos gastos, salarios, seguros…. 

Impensable, verdade? 

Pois isto mesmo pasa cun dos productos que máis gasto xenera no noso negocio (senón o que mais!): a electricidade.

 

 

No caso do café vémolo como algo inconcebible, pero se falamos da electricidade, todos e todas o temos totalmente normalizado. É algo asumido que a factura da luz é un gasto que non podemos controlar. 

Pero entón, volvemos á pregunta anterior: 

Cómo podemos saber a canto temos que vender os nosos produtos ou servizos se non sabemos canto imos a pagar pola factura da luz?

Pois a resposta está bastante clara: necesitamos dunha vez por todas capacitarnos profesionalmente e tomar o control das  facturas da luz dos nosos negocios para deixar de regalar os nosos cartos ás compañías eléctricas.

 

 

O meu nome é Marcelino González, e son consultor enerxético na empresa Aralumen de Fisterra. Se este tema che interesa e queres tomar o control dunha vez por todas, convídote a que sigas as miñas vindeiras publicacións en Que Pasa na Costa, xa que iremos compartindo información e consellos sobre cómo controlar as facturas da luz dos nosos negocios. 

Anímote a que participes comentando se tiveches problemas cas túas facturas da luz ou nos fagas chegar as túas dúbidas para poder ir respondéndoas nesta sección. Xuntos intentaremos que ese millón de euros se queden na nosa terra neste ano!

Tamén podes comentar nas redes sociais co hashtag #eticantopagas.

 
 

Comentarios