A axenda de actos litúrxicos da Semana Santa de Fisterra
14:43 15/03/21
Fisterra afronta outra Semana Santa virtual. Non haberá procesións, pero si se desenvolverán diferentes actos litúrxicos, sempre baixo as medidas sanitarias pertinentes.
Dende o sábado 20 de marzo, co retiro da Coresma e o Sacramento de Confesión na Igrexa Parroquial da man do predicador P. Fabio Pallota, ata o Luns de Pascua, 5 de abril, haberá unha ducia de actos.
Todos os actos que se fagan na igrexa de Santa María das Areas serán retransmitidos en directo polo Facebook da Xunta de Cofradías.