Luns. 28.09.2020
El tiempo

Os Bombeiros acodiron a un rescate no Cabo Fisterra e a un accidente na estrada do Mirador do Ézaro

Rescate en Fisterra
Rescate en Fisterra
Os Bombeiros acodiron a un rescate no Cabo Fisterra e a un accidente na estrada do Mirador do Ézaro

Día axetreado o de onte para os Bombeiros de Cee. Por un lado tiñan que mobilizar unha dotación para realizar o rescate dunha persoa dos cantís do Cabo Fisterra. Unha persoa tiña dificultades para saír de entra as rochas e houbo que mobilizar para axudarlle á Garda Civíl, Protección Civíl é á Policía Local de Fisterra, ademais dos Bombeiros.

Accidente dunha moto

Pasadas as 18:00h da tarde rexistrábase un accidente na estrada do mirador do Ézaro. Un motorista sufría unha saída de vía. En principio deuse o aviso de saída ao helicoptero pero non fixo falla. Houbo que trasladar na ambulacia do 061 ao Hospital de Cee.

comentarios