xoves. 29.01.2026
El tiempo

O Camiño da Paz, a peregrinación máis longa do mundo, unirá dende este sábado Fisterra e Xerusalén

Mojon km0 Camino Fisterra
O Camiño da Paz, a peregrinación máis longa do mundo, unirá dende este sábado Fisterra e Xerusalén

A maior ruta peregrina do planeta ponseen marcha este sñabado 31 de xaneiro. O km.0 do Camiño a Fisterra acollerá a saída a marcha mundial pola paz que percorrerá a pé os máis de 8.500 quilómetros do “Camiño da Paz” tamén coñecido como "Jerusalén Way". 

Peacewalk é unha peregrinación que atravesa Europa, promovendo a paz, o diálogo e o rexeitamento á Violencia, e chegará ao berce da relixión cristiana en xuño de 2027.

A presentación internacional de Peacewalk será ás 17:00 no Mercado Cultural e contará coa actuación do coro Aires de Bergantiños.

Xa o domingo 1 de febreiro arrinca a primeira etapa ata o municipio de Cee desde a Praza da Constitución de Fisterra ás 11:00, onde comezarán a súa andaina camiñantes Países Baixos, Alemaña, Francia, Italia e España. A peregrinación continuará por terras galegas facendo paradas en Oliveiroa, Santa Mariña, Negreira, Santiago de Compostela, Arca do Pino, Arzúa, Melide, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Triacastela e O
Cebreiro. Algúns destes municipios, como Santiago e Sarria, xa se están preparando para acolleren distintas actividades de construción de paz. Despois, a marcha percorrerá o Camiño de Santiago Francés á inversa ata penetrarse en Francia.</p>

Máis aló do percorrido físico, Peacewalk propón unha experiencia de peregrinación en comunidade, concibida como un acto de compromiso activo fronte á inxustiza, o narrativa e a confrontación de sufrimento que caracteriza a actualidade. Inspirado en construtores de paz como Maoz Inon e Aziz Abu Sarah ou as organizacións Combatants for Peace, Women Wage Peace ou Women of the Sun, a iniciativa busca visibilizar a bondade real
que une as persoas e ofrecer unha alternativa narrativa baseada na cooperación, a escoita e a esperanza.

A participación en Peacewalk está aberta a todas as persoas e colectivos que queiran camiñar xuntas coa paz como única bandeira. Pódese colaborar tanto na organización ou na dinamización da marcha como na loxística conxunta de actividades de construción de paz. Cada participante pode sumarse á marcha durante o tempo que considere: un día, Un mes, un ano... Todas as persoas e formas de participación son benvidas. En
Palabras de Gandhi: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
.

Comentarios