![]()
Balea común varada en Balares (Foto Ges Ponteceso)
Esta noite aparecía unha nova balea morta na Costa da Morte, nesta ocasión en Balarés, Ponteceso. Desta volta non houbo agonía e o exemplar (un macho adulto de 18 metros) aparecía varado e morto.
“Esta é a sexta balea (4 adultos e 2 cachorros) aparecidas en Galicia en menos dun mes, ás que habería que sumar outro cachorro aparecido en Portugal no mesmo periodo”, sinalan dende a CEMMA, estranados polo suceso.
O Concello está intentando realizar a retirada deste exemplar de 15 toneladas.
![]()
Balea comun varada en Balares- Fotos: GES Ponteceso