Ciencia, camiño e literatura na Semana Cultura do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra
Intensa foi a Semana Cultura do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra. A 16ª edición acolleu actividades para todas as idades, e aínda quedan unha marea de actividades ata final de curso.
Os pequeniños de Infantil disfrutaron ao máximo do Obradoiro de manualidades con materiais de refugallo e e do Obradoiro de merendas creativas. Tamén aprenderon a facer poesía practicamente con esa copla entroideira que levan dentro. Ademai, esperan poder facer un treito do Camiño.
Para os de Primaria houbo de todo, comezando por varias actividades de ciencia, como a creación de pasta de dentes para elefantes e o descubrimento da táboa períodica dos elementos. Xogaro aos bolos e ao futbolin, como non. Fermosa foi a sesión de arte e autorretrato, con persoinaldades tan singulares con Frida, Marilyn Monroe, Carlos Maside ou Salvador Dalí..
Na ESO centraron as actvidades en varias áreas. Viviron de preto as consecuencias de non respectar as medidas de seguridade vial cunha charla online coa Asociación Aesleme.
Ademais fixeron un torneo de xadrez e aprenderon arreo cunha Gymkana literaria por todo o centro.
Os maiores de Secundaria tamén tiveron un interesante Obradoiro de Ciencias no Laboratorio no que mediron o pH de distintas disolucións, traballaron con reaccións de Neutralización e Redox, e descubriron a importancia de saber cal é o reactivo limitante… Outra das sesións máis naturais foron a visita á reforestación do Monte Cabo.
O centro está pendente da data do encontro coa escritora ceense María Canosa, e esperando data para a limpeza de praias, así como a saída ao Faro para facer un treito do Camiño.