Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comezan as obras do Porto de Sardiñeiro e da Gardería de Fisterra

Comezan as obras do Porto de Sardiñeiro e da Gardería de Fisterra

A pasada semana comezaban dúas obras importantes no Concello de Fisterra. Por unha banda, daban comezo as tarefas de demolición do antigo colexio de Fisterra para poder empezar a construir a nova gardería. Ademais, o Porto de Sardiñeiro comeza a ser unha realidade.

No tocante á gardería, e tras necesitar o derribo do fermoso edificio da entiga escola, orzamento base de licitación ascende a 643.247,05 euros, mentres que o prazo de execución das obras será de 7 meses. A entrada en funcionamento está prevista para finais deste ano, e terá un total de 41 prazas.

Novo porto en Sardiñeiro

As obras comezaban, iso si, con algo de retraso, pois aló por decembro de 2010 apuntaban que comezarían en primavera deste mesmo ano. Foi este pasado sábado cando o presidente do ente público, José Juan Durán, daba orde do comezo das obras, que incluirán un investimento de 1,1 millóns de euros.

A actuación, que se prevé poida estar rematada a principios do próximo verán, dotará aos mariñeiros da zona dunhas instalacións onde poder desenvolver a súa actividade e evitar así o desprazamento a outros portos do seu entorno. Os traballos consisten, básicamente. na construción dunha rampla de 40 metros de lonxitude e 5 metros de ancho, unha explanada en L con 2 pequenos peiraos de 15 metros de lonxitude e 3 metros de calado.
Esta obra mellorará tamén o bordo litoral, o que significará unha garantía medioambiental para praia e o seu entorno, ademais de dotar aos mariñeiros deste novo porto, de reducidas dimensións, garantíndolles unha maior seguridade e dotando á zona dunhas instalacións acordes ao seu nivel de actividade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Portos de Galicia.
  • Fotos da demolición de Darío Gómez.

Comentarios